... Contos de Estrelas e limóns
Friday, July 30, 2004
Marcho.
Despóis de levar dous anos sen parar, marcho. Só son 15 días, pero "son", e bó é. Mudo o fresquiño do norte polo agobio do sur, o atlántico polo mediterráneo, os ladrillos da miña casa polos trapos da tenda de campaña... mudo ás horas pensando e organizando cousas para outros, por pensamentos de como encher eses días, que algo se me ocorrerá, digo eu...
Pasádeo moi bem! e sede bós ;P
Saturday, July 24, 2004
Mirei a Dylan en Compostela fai xa uns anos. Aquela vez si tocou a Guitarra, aquela vez si mirou ó público e aquela vez si falou e si deu as Grazas. Podería dicir moitas cousas do concerto... De Eva Amaral facendo de Heather Nova , do impresionante que me pareceron as dúas cancións de Gary Jules , dos Coors que non tocaban... (Ninguén se decatou que quen tocaba a batería non era unha das irmáns senón un batería que estába ó seu carón cunha batería de verdade, que quen tocaba a guitarra mailos teclados eran dous tipos que estaban por ahí e non o irman coors... en fin)
Pero quedome co concerto redondo de Dylan. Non houbo cámaras, tampouco eu as precisaba, xa que estaba ben adiante. Non houbo luces que tampouco as precisaba o ser de día... non mirou moito ó público ainda que eu si percebín moi bo rollo no escenario e uns tipos desfrutando do que facían. E mentres dylan destilaba bóas cancións, unha tras outra, dos seus últimos discos... eses que xa non coñece tanta xente, eu desfrutaba coma no concerto de Lou Reed. Non hai verbas para descreber as impresións deses intres... a sensación de estaren ollando a un dos poucos mitos vivintes. Tocou algunhas das "vellas" cancións, pero tan distorsionadas que era dificil seguilas... non foi o que mais me gustou. Agardo aínda poder miralo nuns cantos concertos mais... ¡que tipo! O rematar o concerto, moita xente simplemente marchou... os que estaban inexplicablemente despois no cartel... simplemente non estiveron (o meu xuizo) no mellor lugar, aínda que seica a xente pasouno bem. E ás veces o mellor e simplemente pasalo bem.. ;)
Friday, July 23, 2004
cine asiático
Non por nada en especial, pero esta semá mirei primeiro À LA VERTICALE DE L'ÉTÉ, unha fermosa película que apareceu no meu PC sen saber eu moi ben en que intre decidín baixala... (si, pirateooo, son malo, malísimo... creo que o lema daquel grupo "o teu fillo fuma porros" vai ter que mudar por "o teu fillo piratea discos") e camino a casa , outra fermosa película que non entendo porque non tiña mirado antes.
O certo é que "a la verticale..." gustoume moito, sobre todo a música coa que se erguían tódalas mañás os irmáns, nin mais nin menos que Lou Reed, a Velvet, Married Monk e Arab Strap... si que escoitan boa música os Vietnamitas deste filme. Creo que xa o dixen nalgunha ocasión, pero marabillame o uso do tempo polos asiáticos, igual que me pasou ó mirar "camiño a casa". Supoño que é porque me decato da similitude que ten o tempo en todo o "campo" do mundo. O tempo da Galiza na que vivo seméllase mais o tempo da china co de Madrid, Barcelona ou Lisboa. Ese tempo que semella envolver a MG co seu novo amigo.
Por outra banda suscribinme a unha comunidade de flipados polo cine clasico e "rarito..." a ver se atopo algunha que outra xoia coa q exprimi-la conexión... que os cartos que me zuga Xa.com non son poucos.
Thursday, July 22, 2004
juis lis
Xa teño unha Juis-lis desas que tan "cool" son... endelí xa non tendes excusas para non agasallarme con algún dos libros que están ahí... :P
Monday, July 19, 2004
dia 2
Aínda que as horas pasaron dun xeito fugaz, o corpo dun resíntese... sobre todo cando todo o deporte que fai é baixar e subir escaleiras. É dicir, Agantei a Starsailor (que por certo, plaxian nunha das súas cancións o "Boys & Girls" do Parklife, un dos discos máis redondos do pop brit ese), agantei e desfrutei do concerto de MUSE, contemplei a Lou Reed, pero non puiden xa cos The Cure.
MUSE gústanme, vaiselles un pouco a pelota, pero ver tocar ó baixista era unha delicia, lembrabame moito a un colega que toca nun prometedor grupo de postrock sen paxina web. O directo tiña pega, o público, cheo de rapaces, respondeu e foi un concerto curioso. Non quedou moi ben o feito de que tirasen a batería nin o baixo, quedo de "Osea, soy un niño pijo y hago cosas malas", porque o día anterior todos miramos a Iggy, e iso é ser "malo" e non o postureo de MUSE.
Cando rematou o concerto de Muse, sentei no chan xunto cunha morea de xente. iluso de min, comenzou a "mudar o público" (marcharon os rapaces e entraron os "indies", "popis" e demáis fauna) e aquilo, o foso, comezou a encherse de xente. Decidín ergerme, ó igual que moitos ó meu redor, para evitar que me pisasen, escupisen, queimasen...etc, e estiven de pe un rato, ata que decidín que miraría o concerto sentado, seguro que o desfrutaba mais. Coa decisión tomada "alguén" entrou no foso como un bandoleiro, non non... mellor, como un equipo de rugby a tomar posicións, e noto como me empurran pola espalda de xeito que caía sobre dúas rapazas que estaban sentadas... pero salvoume un rapaz situado estratexicamente ó outro lado das rapazas, salvoume permitíndome apoiarme nel e face-lo "pino puente" sobre as rapazas, "agardando" a que o contexto mudase... pero non, a marea humana non circulaba, senón que estacionou ... polo que despois de abancar polas rapazas marchei ó monte a mira-lo concerto con tranquilidade.
Foi un concerto moi bó, quedome coa imaxe lateral, dende ó carón do posto da cruz vermella, de todo o público saltando nos bises. É unha imaxe que sempre lembrarei, as imaxes de Robert Smith nas pantallas e a xente choutando ó tempo: flipante. Neste caso, non foi como no concerto de Lou Reed, e toda a "crítica" (ejem) foi unánime en bendeci-lo concerto. Supoño que tivo todo o que ten que ter un bó concerto: duración,hits, bó son, predisposición e... "empatía". Pois vale, por unha vez todos nos poñemos dacordo e dicimos que este foi o mellor concerto do xacobeo.
Cando marchaba xa, explicaronme quen fora o que me gañou a posición no "foso"... vamos que no momento, se teño folgos e interese, daí non me move ninguén, e moito menos sen saudar %$%€@#~"$!!!
lou reed
Fixo un dos concertos máis redondos do Xacobeo. Saiu despacio, tranquilo, sosegado e comezou a recitar unha tras outra cancions do seu "Animal Serenade". O certo é que durante as primeiras cancións parecía simplemente un xuglar moderno recitando as súas poesías nun pequeno café nunha tarde de inverno, con choiva e névoa na rúa, sobre a música que un par de amigos sacan dunhas guitarras... ou simplemente dunha cinta calquera de música, así , ó chou. A voz estaba moito mais alta que a música e a rapazada que quedou do concerto dos MUSE, e os que estaban para o concerto de The Cure, ían simplemente a outra cousa. Agardaban que Lou tocase as cancións que eles querían, as da Velvet, as que todos sabemos, nas que podes move-los beizos ó longo do estribillo, nas que podes choutar... Pero Lou Reed deu un Recital con R maiúscula, coa súa cara de despistado, de non saber moi ben o que fai, pero deixando canción tras canción a un ritmo sosegado, relaxado, natural... como fan os Artistas con A maiúscula, os que pintan,escreben,tocan,cantan ou simplemente "son".
Pero seica non gustou, seica foi a gran frustración do Xacobeo. ¿Tan dificil é simplemente escoitar? Non fai falla saltar para desfrutar da música, non fai falla cantar co que canta, ás veces trátase de abrir moi ben as orellas e escoitar, bater un pouco o pe contra o chan e deixarte levar polo son, pola voz, pola música... que crack lou reed, que crack.
Sunday, July 18, 2004
dia 1
Iggy foi un show, un deses shows de rock & roll que fan que grupos como os Strokes, Black Rebel bla bla bla, e todo o new revival de rock americano semelle unha tomadura de pelo. O directo foi brutal, tan só un baixista duns 75 anos, un batería e un guitarra eléctrica (¿precísase algo máis?) e moito bo rollo entre o público e o artista. Houbo sangue no peito de Iggy, invasión do público ante a seguridade dos concertos atónita cando o equipo de orde do grupo lle dicía que todo ía bem, pero... pero algunhas veces tiven a sensación de estar nalgo un tanto prefabricado, pero non deixei que tal pensamento aniñase na miña cabeza e continuei saltando, subido enriba do cascarón da mangueira de son que facía que case chegase ós 2 metros de altura... como dí a miña avoa: canto é ser alto! (por certo, o guitarrista era Michael Moore!!!)
Massive Attack deu posíbelmente un dos millores concertos dos tres días. A posta en escea máis elaborada, unha das mellores equalizacións de son e un público que creo non sabía o que ía. Uns quedaron do concerto de Iggy e outros estaban para os chemical... Moitos comentarios de aburrimento, e volvía á miña mente a mesma idea que no concerto anterior: cando che dan a probar o "orixinal", os sucedáneos como este ou este outro, pese a ser sucedáneos de calidade non chegan nin ós talóns ó "orixinal". A mágoa foi que a primeira canción... estiven berrando na miña mente esta canción de este grupo.
Non podo falar dos chemical porque me fun antes (o venres había que choiar) e lilith foi peor que mala. O caso de the darkness... un cruce entre joey tempest (cantante dos europe) e o peor da música tecno dos 80 (polos vestidiños que sacou). En fin, e pensar que eu quería perderme este día!!!!
Wednesday, July 14, 2004
Mentres almorzo, teño que frotar os ollos unhas cantas veces para ler a páxina á que cheguei non sei cando... nin sei como... o certo é que cando me puxen diante do PC xa estaba ahí. Comezo a ter medo... pásame ás veces que non me lembro do que fixen a noite anterior. Fai cousa dunha semá, sen ir máis lonxe... levaba uns tres días traballando nun texto... e os días non teñen só 8 horas como os de de moitos asalariados... e simplemente, ó cuarto día me puxen diante do ordenador e non estaba. Busquei por todos os sitios, con todas as palabras e nada... ata que tiven un recordo deses moi borrosos, eu xuraría que era un sono, no que metía o arquivo na papeleira de reciclaxe e daballe a "baleirar"...
Pero a web de hoxe é a a Gota Malaya , lede e flipade, creo que poderíamos facer algo así pero na terra, habería que xuntar algúns xornalistas, publicistas e xente con mala ostia e bo inxeño...
Tuesday, July 13, 2004
gostaría...
Gostaría poder falar da boda (con B) do sábado, oficiada en fronte do Corte Ingles e do Zara da rúa princesa , concretamente na igrexa do bó suceso...
Gostaría falar da posterior comilona nun restaurante moi pijo da casa de campo
Gostaría falar das impresións de ver Shrek nun cine dos grandes... e comparalo coa primeira parte da película que mirei no CGAI .
Gostaría falar do tempo, das mudanzas e do compricado que é alugar ás veces un coche...
Gostaría falar do libro de Rosalid Williams que veño de rematar...
Gostaría falar dalgunha incorporación/cambio ó mundo das bitácoras do gremio...
Gostaríame falar do abono para os concertos do xacobeo e da ilusión que me fai voltar a ver a dylan...
Pero o certo... é que non dou pra máis, a maleta está vacía enriba da cama e na lavadora aínda hai roupa pra tender... e mañá, volto a subir nun cal pita de longa distanza...
Thursday, July 08, 2004
non, aínda non teño as entradas para o Santirock ese... supoño que hoxe ou mañá mercareinas por interné. Ver a Dylan e Lou Reed, así un despois do outro terá a súa gracia. Aínda que pra min faltaría xuntalos e engadir a Van Morrison e a Tom Waits, de feito levo un par de días escoitando o "Mule Variation" e evitando a sección de bebidas alcolicas do super:
Phone's off the hook
No one knows where we are
It's a long time since I
Drank champagne
The ocean is blue
As blue as your eyes
I'm gonna take it with me
When I go
Old long since gone
Now way back when
We lived in Coney Island
Ain't no good thing
Ever dies
I'm gonna take it with me
When I go
Far far away a train
Whistle blows
Wherever you're goin
Wherever you've been
Waving good bye at the end
Of the day
You're up and you're over
And you're far away
Always for you, and
Forever yours
It felt just like the old days
We fell asleep on Beaula's porch
I'm gonna take it with me
When I go
All broken down by
The side of the road
I was never more alive or
Alone
I've worn the faces off
All the cards
I'm gonna take it with me
When I go
Children are playing
At the end of the day
Strangers are singing
On our lawn
It's got to be more
Than flesh and bone
All that you're loved
Is all you own
In a land there's a town
And in that town there's
A house
And in that house
There's a woman
And in that woman
There's a hart I love
I'm gonna take it
With me when I go
I'm gonna take it
With me when I go
Wednesday, July 07, 2004
Onte mentres estaba escrebendo un post o navegador (esta vez Opera) mandoumo ó carallo. Escrebía sobre a máis que interesante entrevista que Julia Otero lle fixo a Jose María García en TV3. Non ten perda, o que é capaz de rajar este home nunha hora é incríbel.Podedes ver o vídeo dende a rede, está colgado na páxina de TVCatalunya.
Dicía tamén que mentres escoitaba a García leía o blog de Lawrence Lessig o pai das licencias creative commons. Estamos a ver se do mesmo xeito que hai un capítulo catalán que está traducindo as licencias ó catalá creamos un que se faga o propio co galego.
En fin, e navegando pola rede descubro, pra variar,cousas curiosas... primeiro un blog que analiza xénero co nome sin género de dudas, que me leva a unha campaña que terá lugar o 11 de Setembro nas bibliotecas. Estes de ciberpunk teñen a súa gracia.
Tuesday, July 06, 2004
esquecinme de comentar onte que nas xornadas da rei xoan carlos, peguei un chimpo na silla o escoitar a verba "pawley"... eu estaba co Messenger, pra que enganarnos... se todos sabemos que son os mestres os que están potenciando o WiFi nas aulas para que os alumnos se poñan a chatear (ou outras cousas...) e non atendan.... En fin, que escoitei esa verba e fiquei un bo rato pensando que había algo que non encaixaba... coma cando escoitas falar no metro sobre o golpe de estado en Sada. En fin, que cando descifrei o que puña na proxección... era nin máis nin menos que unha análise do bó de Pawley, autor da bitácora "dias estranhos". Como contaba onte, supoño que colgarán no servidor da URJC o video da intervención de JJ Merelo... pero es non entendín mal, o que mantiñan era que pawley é un dos nodos centrais do blogmillo galego, pero tamén falaban doutra serie de Blogeiros... dos que non conseguin ler o nome.
Elaboran estes índices en base ós enlaces das webs. Teñen unha serie de ferramentas que analizan os enlaces dos posts e do blog e tiran estatísticas de ahí. A min pareceme un pouco light, xa que o mesmo JJ admitiu que non fan diferenza entre os enlaces do post e os estáticos que moitos tendes como "favoritos" ou recomendados. Pero bueno, o caso é que foi moi extraño, estar en Mostoles, nunha universidade moi fermosa (campus estilo americano, sen división por facultades, senón "aularios", "multiusos", "laboratorios"...) e faláronme dos toxos e do licor café. E por outra banda ter ser o blogmillo obxecto de estudo ten a súa gracia... aínda que eu tiña unha pesquisa agochada por algures sobre este tema... en fin...
Monday, July 05, 2004
Pasei o venres na rei xoan carlos, coa xente do Grupo de Sistemas e Comunicacións, que comanda o sempre xenial Barahona. Seica nuns días colgarán do servidor web da URJC os videos das xornadas e agora mesmo podedes botar un vistazo ós videos que hai nesa páxina sobre o tema de Software libre, patentes e demáis.
O certo é que coma sempre, o mellor son os cafés e descansos... aínda que só houbo un e breve, pero deume tempo a falar un ratiño con jj merelos e con Barahona. Coñecin a un tal Fernando Tricas que con JJ analiza o tema dos blogs... son ben interesantes, aínda que se quedan moito nos datos numéricos e non teñen produndas reflesións sociais... en fin, que lles falta un pouco de multidisplinariedade pro meu gusto.
Os achazgos foron un libro de software libre, un lugar de onde baixar software libre, unha editorial chamada traficantes de sueños que ten online os seus libros de forma que os podes baixar e imprimir en formato pdf, e non podo deixar de citar a ese documental da liña 900 que todos estamos a baixar do emule, co título "un mundo transparente -presuntos culpables"... non pinta mal, certo?
Thursday, July 01, 2004
ía moita calor... eran sobre as 14.30, volvía da escola de devolver libros moi caducados, de tomar un café, mercar uns libros pra regalar e mirar o meu tutor. Ía escoitando música, e notei como a xente ó meu redor me miraba... eu tiña moito moito sono, dese atrasado, tan atrasado que non se recupera xa nin durmindo. ó tempo decateime que os meus beizos se movian, que a miña boca emitía sons... estaba cantando o que escoitaba, baixiño iso sí... e era a seguinte copla:
Sementar sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no povo medre
un meniño, un vello e un cantar.
Un meniño rebuldeiro
que fale na lingoa nai
que suba nos pexegueiros
a fruta verde a roubar.
Un vello que de consellos
un rostro de fume e pan
que conte contos ós nenos
do cuco e do paspallás.
Un cantar de redención
que toque a desolación
nun limpo e craro alborear.
Logo, deixáime morrer,
entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores
dos homes esfamiados.

Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.
