... Contos de Estrelas e limóns
Saturday, February 28, 2004
Travelling light
No principio foi Sade. Cada vez que escoito algúns dos seus discos a casa énchese de névoa, fai un pouco de vento e un frio seco, como o de madrid, ese frio que se evita con roupa, porque hay moitos máis tipos de frío e o peor que coñezo non ten nada que ver coa temperatura exterior. Dicía que Sade foi o principio acompañada por Van Morrison. Logo os Tindersticks. Lembro que lle roubaba ó meu compañeiro de piso o walkman despois de comer e percorría a Ronda do Outeiro dende a Sagrada Familia ata Riazor para chegar a clase tarde, sempre tarde. Nesas camiñatas coñecín a grupos de nome impronunciable, a un par de mormóns (Elder & Elder) e ós Tindersticks. A min nunca me gustaron os paraugas e nunha cidade como coruña son pouco operativos, tanto no seu manexo cotiá como na súa esperanza de vida. Tiña un bó abrigo deses que non deixan pasar o auga e unhas boas botas, que xunto co diskman de servían de medio de transporte durante os 25 minutos que tardaba en chegar á cidade escolar. O recordo máis fresco que teño é ir camiñando ás tres e media da tarde, chovendo a cántaros, as rúas molladas, esvaradizas e baleiras... e stuart stiples susurrando canción tras canción, she's gone, mistakes e sentindo primeiro como as pingas facían tan pouco operativas as miñas gafas como o paraugas que nunca quixen... e logo como a choiva e os meus defectos oculares pintaban fermosas esceas cunha banda sonora moi especial.
A voz de stuart stiples é comparable en moitos sensos á de Tom Waits, cheira a whisky... quizáis un Jameson por iso da calidade, a choiva, a névoa... cheira a cocido de porco e a augardente de herbas.
O tempo foi pasando, os pisos, compañeiros de idem, cursos, cursiños, apuntes inútiles, profesores idem, e catro anos despóis, unha primaveira unha rapaza que non coñecía invitoume a un concerto dos Tindersticks no outono... froito desa unión naceu o noso Stuart, que xa ten dous anos e dous meses
Friday, February 27, 2004
Crónica
Sempre me gustou moito o Equipo Crónica e supoño que cando teña unha casa propia non poderei evitar encher algunha parede con algun cuadro deste par de persoas tan extrañas. Coñecinos fai uns anos coas ilustracións do Le Monde Diplomatique. Hoxe, nun venres calquera dun mes frío calquera vaia a miña homenaxe ó equipo Crónica.
Thursday, February 26, 2004
Cousas que non podo facer
Non podo beber cervexa. Non podo ir ó cine. Non podo erguerme máis tarde das 9. Non podo ir ó concerto de La Buena Vida. Non podo mercar unhas converse de colores. . Non podo saír.Non podo ir á boda de Goodman. Non podo cenar forte. Non podo ver a TV. Non podo estar con quen quero. Non podo comer galletas.Non podo picar entre horas. Non podo durmir máis de 7 horas. Non podo non traballar ós sábados, nin os domingos. Non podo ver as películas que teño grabadas. Non podo pagar ás miñas débedas. Non podo ler unha novela. Non podo picar entre horas. Non podo sair desta habitación. Non podo cear na Centoleira. Non podo cobrar. Non podo mercar as gafas que preciso. Non podo visitar a miriam. Non podo comer chocolate. Non podo paga-las facturas. Non podo mercar libros, cds ou dvds. Non podo tomar viño. Non podo desconectar. Non podo votar. Non podo estar no aniversario de Gabriel. Non podo apagar o ordenador. Non podo deixar de sentir frio. Non podo visitar Barcelona. Non podo poñerme eses pantalóns. Non podo comer gominolas. Non podo deixar de estudiar. Non podo perder o tempo. Non podo pasear. Non podo IR a mercar libros. Non podo pasar tempo cos meus amigos. Non podo ir a Coruña o luns. Non podo con todo. Non podo chatear. Non podo ver Dogville. Non podo seguir así.
Wednesday, February 25, 2004
Para os que xogan
Desfrutade desta web... se non sabedes saír da habitación preguntade por ahí...mañá porei unha web coa solución. SORTE!
Bloggin'
¿como funciona un blog? Suponse que un ten que publicitalo entre os seus amigos ou pola contra debe deixalo á boa ventura de Deus, a que o pseudointelectuais como os de Arcadi Espada invadan este sacro terreo?
Aínda non temos todos cámaras no noso fogar, pero moitos contamos a nosa vida na rede, nunha mezcla de voyeurismo e curiosidade ociosa que nos leva cara non sei moi ben onde. Ata nontronte os diarios viñan acompañados por unha chave pequeniña e un candado que nos apresurábamos a botar ó rematar de escribir aquelas que sentíamos, pensábamos ou descubríamos. Hoxe, os máis coitados desnudamos pouco a pouco certas facetas da nosa vida, as que creemos máis interesantes ou, no meu caso, aquelas que me chaman a atención porque non creo que na miña vida teña demasiadas cousas interesantes... perdón, minto, si que as teño pero non as quero compartir, a ninguén lle interesa saber o que eu non quero contar, es mío, solo mío y no lo compartiría por nada. A miña abuela fliparía un pouco se lle conto que relato a miña vida en Internet... Ela escoitanos falar ós meus tios mailo meu irmán de que en Interné baixamos películas, collemos discos, me mandan fotos, traballos, que falo coa xente... eu nunca me parei a explicarlle que é... e coido que non o sabería facer moi ben.
Un domingo, despois do cocido e da sobremesa, fixen a maleta para marchar á Coruña, onde estudiaba. Tiña a maleta chea ata on poder máis con laranxas, pasta, patacas, libros, discos... maila roupa. A miña abuela colleume unha fiambrera (agora seica lle chaman Tapper) e comezou a botar uns grelos, touciño, un chourizo, costilla... a miña nai preguntoulle para qué estaba enchendo esa fiambrera: "para que leve o teu fillo a coruña", "pero non ten sitio na maleta, xa non lle colle" dixo a miñanai.
Monday, February 23, 2004
Demasiado po'meu corpo
Coido que son aberto dabondo para a música. Teño algo máis de 1100 discos, todos comprimidos e arquivados en mp3 porque a miña vida itinerante non me permite ir polo mundo adiante coas caixas dos CDs, que xa teño suficiente cos libros. Hai dous grupos que me abriron panoramas completamente novos, grupos que pertencen a iso que logo chamaron post-rock e que (creo) xa non está de moda: Godspeed you back emperor! e Sigur Ros. Podería botar horas falando de Sigur e Godspeed, e dos grupos que saíron o seu carón: Matmos, Silver Mt Zion Ochestra bla bla bla. Por Sigur Ros comecei a escarbar na música de Islandia, Noruega, Finlandia e demáis, e cheguei ó paraiso apodado Jazzland Records. Primeiro foi Beady Belle, logo Wibutee e agora escoito a un impronunciable bugge wesseltoft... que seica reinventou o Jazz. Non teño claro aínda se me gusta ou non, semellame un pouco presuntuoso nalgunhas cancións, un 'quiero y no puedo" noutras e unha delicia nas demáis. A min o Jazz non é que me guste demasiado, comezo a entrar nel por vías indirectas, moitas veces teño a sensación de que me están tomando o pelo, pero como iso pasa tamén moi a menudo na vida real, pois non me preocupo. Escoitade a Sigur, a Godspeed, a Finlandia, a Noruega e se podedes a Bugge wesseltoft ou Wibutee... músicas posíbles para noites frescas de febreiro.
Däs Musïk
Coido que en novembro foi cando mirei a ALPHA en directo, nun deses concertos de Radio3 que logo emiten ás 2 da mañá e que non miran máis que os catro de sempre. Non era a primeira vez que ía á TVE á grabación dalgún concerto, o meu primeiro concerto foi o dos Stereophonics, un concerto surrealista ata non poder máis... pero que contarei noutra ocasión. No concerto de Alpha éramos uns 20 espectadores, e entre eles había moita xente rara. Cando un vai a un concerto de Alejandro Sanz (é un dicir eh!) se pode extrañar de ver unhas Converse, unhas patillas, pantalóns de campá, gafas de pasta e demáis indumentaria própia dos 'indis', pero cando o concerto é de Alpha un se extraña de ver un desfile made in Amancio Ortega... Á saída comprendín: eran 'espectadores profesionais' graban todo o día por un módico prezo e o que a min máis me chamou a atención, ían á FNAC a mercar o disco de Alpha... i eu frustado por non ter 18€ para o concerto desa noite. Moraleja: se ós consumidores compulsivos de 40principales son capaces de desfrutar dun concerto de alpha... é que aínda hai esperanza.
Sunday, February 22, 2004
Sr Ministro
Non sei onde estaba cando a ocupación de Perejil, pero sei que non me enterei ata uns días despois... escoitei ó ministro lendo un comunicado en prosa e pensei que era un coña. Hoxe, mentres xogaba ó Baloncesto, alguén me dixo que Trillo volvera a facer das súas. A de hoxe si que foi boa. A miña nai di que estaba pedo ata non poder máis, pero eu non o teño tan claro... a televisión engana, pero non tiña nin os ollos brillantes, nin estaba colorado, nin se tambaleaba... estes do PP estanse desenmascarando pouco a pouco, e xa non hai votantes do PP, isto semella ás últimas eleccións que gañaron os Socialistas, nas que ninguén os votou, pero nestas contas... aínda lles falta unha lexislatura... outra lexislatura... non sei se cabrearme ou chorar.
Saturday, February 21, 2004
Por si ven a fame
Un veciño mercou unha viña cerca da miña casa por 20.000 pesos. A viña está a monte e non é moi grande, con cepas de catalán rojo (ostias! tede coidado cos cataláns rojos, son malos malísimos) e tinta femia. Veu a miña abuela toda indignada a contárnolo mentras comíamos... eu non entendía porqué, pero a miña nai dixo moi chea de razón que se llo dixeran antes que ela a mercaría. Non sei, eu non teño mentalidade de Falcon Crest, e non me apetece entrar no mercado vinícola... eu tomo o albariño sen etiquetar dese que venden por ahí, e me alegro moito de que algún que outro amigo viva de vender viño... pero non puiden evitar preguntar: ¿para que queremos unha viña? A miña abuela e a miña nai miraronse extrañadas... a miña abuela, con unha autoridade indiscutible, como a de Carlos Castillo cando fala do Capital de Marx, esa autoridade que da o saber do que se fala espetoume un "Por si ven a fame".
Xuro que endexamáis pensara en que podía voltar a fame, pero a miña abuela teno todo estudiado. Contounos como nos 40 só foi unha vez a pedir pan coa cartilla de racionamento, e que había demasiada cola e non voltou. Tiñan unhas cantas leiras e viñas, e uns cantos porcos, bois, unha burra... e unha morea de irmáns para traballar as terras... mentres medio estado, entón media 'España', todo o grande e libre que Franco quería pasaba fame, a miña familia era autosuficiente. Se volve a guerra e hai que voltar a traballar as terras, primeiro hai que ter terras, para ter millo, para dar de comer ós porcos e non depender de ninguén.
O caso é que a situación non dista moito da dos anos 30... bueno, falta a República, que creo que coa axuda de Leti non será moi dificil de voltar instaurar. Dicía que non dista moito dos anos 30: hai líos entre a esquerda e a dereita, entre nacionalistas e non nacionalistas, catalunya anuncia un novo estatuto, logo irá Euskadi e Galiza tamén, a situación internacional é de 'guerras y rumores de guerras'... ummm, coido que tal vez tiña razón a miña abuela... por si ven a fame.
Thursday, February 19, 2004
Mareas Vivas
Seica algo vai mal por Tuvalu. Teño unha camiseta do seu suposto equipo de futbol, aínda que lendo por ahí entereime que o deporte do país é o o voleibol, practicado no seu aeroporto. A súa superficie é de pouco máis de 26km2, repartida en nove illas, das que 7 están habitadas. Ten uns 11.000 habitantes e son Congregacionalistas da Igrexa de Tuvalu (97% da poboación)... (estou pensando que podería ir facerlles un proxecto de desenvolvemento local...). Podes ler a súa Constitución, escoitar o seu entrañable Himno Nacional ou outras cancións de grupos do país... entre os que destaca o famoso Te Vaka, non vos perdades o parecido do tipo con King Africa.
O caso é que lín en varios xornais que pode repetirse o triste episodio do ano 2001, cando unha marea cubriu as illas por completo. Seica agora 'só' vai chegar ata 3 metros, e o punto máis alto ten 4,5... en fin. Tuvalu, aínda que o menospreciemos, é un país moi rico, vendeu o seu dominio de Internet... a españa correspóndelle o .es e a Tuvalu o .tv e tamén posúen unhas augas territoriais bastante extensas que lle alugan ós Xaponeses e Australianos. O mellor de todo é que o Presidente quere demandar ós EEUU por contaminar e non cumplir con Kioto. Deus o ampare.
O mellor é o que precisamos, que a natureza engulla a un país enteiro, non moi grande, certo, pero País ó fin e ó cabo... para decatarnos de que algo falla. Vaia pois a miña aperta solidaria para Tuvalu, dende un país no que tamén tivemos que aturar unha marea que estropeou outro paraiso (aínda que xa non nos lembremos)
let it be (nick cave)
Hai días nos que todo pinta cor ocre, e outros nos que todo semella tomar camiño. Seica volvemos á estrada... confirmanme que teño que coordinar unha mesa na feira de expolearning 2004 paralela a AULA, unha boa excusa para voltar a Madrid. Mentres almorzaba o meu cafeciño e lía un libriño sobre o impacto de internet na prensa sucedeu un deses milagres, chamoume o autor en resposta a un mail que lle mandara fai uns días para ver se podíamos quedar preto do Bernabeu. En fin... seica vai ser un mes viaxeiro, tamén irei a Huesca... despois da viaxe relatada polo manuel entráronme ganas de coñecer esa (seguro que inxustamente) esquecida provincia... e non pecho a axenda...
Wednesday, February 18, 2004
Ive Mendes
A Banda Sonora do Dia é Ive Mendes, xa é a terceira vez que soa o disco e lembro a oportunidade perdida o pasado ano en Lugo.
Hoxe fun correr... toda unha odisea. Lembro cando habitaba na Coruña que os meus compañeiros de piso ían case tódolos días a correr polo paseo, tamén ía Chechu, certo, certo... eu nunca pensei que tería que tomar tales medidas para 'mantener la línea'. Pero o certo é que levo case catro meses pegado ó PC día e noite, e o meu corpo comeza a resentirse. E pensaredes ¿porqué hoxe? Pois para variar conseguin falar coa miña interlocutora da empresa que me debe algúns cartiños e seica ata o Mercores non terei unha nova resposta (e vai para un mes)... bueno para deixar o cabreo nalgures, collín o meu chandal de mercadillo, os tenis e fun, loxicamente en coche, a correr... á Praia. A verdade é que corrin ben pouco, habia un velliño, duns 65 anos (ou mais) que me adiantou como tres ou catro veces en media hora... pero foi unha boa experiencia, si señor. Mañá tentarei repetir.
O peor de todo é que eu debería estar nas pontes, escoitando falar sobre as vilas na sociedade da información, pero estiven toda a mañá intentando aclarar o xeito de rexistrar a miña escasa propiedade intelectual. Foi de moita axuda o bó de javier, e coido que mañá deixarei os meu principios, o meu copyleft e rexistrarei algunhas cousas. Supoño que podería atopar algunha versión do GNU que se adecuase ó que preciso... pero non teño tempo :(
A todo isto. Hoxe pola mañá a miña avoa veume dicir que xa tiña a roupa planchada (que sol de abuela)... pero que o 'pantalon de vestir' lle dera moito traballo. Que lle custou moito deixar a raia, que a tela é moi boa e fina. A Todo isto eu flipando porque só teño un pantalón de vestir e está en Madrí... cando miro o montón da roupa, o meu pantalón de chandal (Made in Mercadillo por 5€) moi ben planchado e ata con raia... en fin, evidentemente hoxe era o deportista máis elegante da praia.
Tuesday, February 17, 2004
Odio as follas en branco. Nunca sei moi ben por onde comezar. Supoño que habería que lexitimar o feito de escreber un Blog... explicalo polo miúdo, pero non o quero facer. non sei moi ben aínda como funciona todo isto, e tampouco sei moi ben que 'ofrecer' a quen teña a deferencia de perder o seu tempo con esta páxina.
¿alguen leerá isto? ¿alguén poderá recoñecer algunha vez que family firmou o mellor disco español da pasada década? ¿como se poñerán os links?
Dubidaba para comezar entre unha canción de Family ou un poema de Manoel Antonio... abrin o libro de catro a catro, cheo de anotacións de varias xeracións de moz@s supostamente preparandose para a Universidade, e despoís de ler 'Intencións' e 'Os Cóbados no barandal' non puiden resistirme. A outra opción barallada como nome para este Blog era 'A Estrela Descoñecida', tamén de Manoel... endelí:
A ESTRELA DESCOÑECIDA
En vinte decote acobadada
n’ aquela fenestra
- tan a trasmán!
que penduraches d’ unha constelación
O horizonte arrincaba cada día
pra ti
a folla d’ almanaque d’ unha vela
Pero nunca s’ enmallou
n' a falsa rede d' os mapas celestes
a túa loira vinxinidade
Cómplice a noite
engayolaba o sestante d’ os mariños
inxénuas perversións catalogadas
Viuva reiterada de tódolos vinte anos
que os mariñeiros repiten
cada volta que afogan
Endexamais souberon os cadavres sin
rumbo
que ti os amortallabas c’ o teu ollar
Emproáramos a meia noite
A sotavento d' a nosa singladura
vai decote unha nuve desarbolada
C’ a súa esponxa de sombra
borrou pra sempre o teu mudo perfil
A alba nova sorprendeume
cacheando antre os loceiros
unha despedida que se me perdeu.
- posted by nando @ 2:11 PM
Isto marcha. Buscando o enlace de Family atopei unha web moi fermosa que hai que visitar. Chámase el buen vigía e ten as letras e algunhas cousas ben xeitosas. Semella que aínda queda xente con un pouco de gusto (ou se cadra de memoria). Cada vez que escoito algún que outro pseudoimitador non podo evitar berrar Family volved ya. Por certo que pouco me gustou o CD aniversario da Rockdeluxe, nin sequera o pasei a mp3.
Fai uns días fun mirar Bajo el sol de la toscana, unha película interesante, na que o mellor son as paixases maila casa que decide mercar a boa muller. Algún día gustaríame poder facer o mesmo ca ela: de boas a primeiras mercar unha casa en estado de pseudodemolición e arranxala pouco a pouco. Teño uns veciños que están a rematar a súa deste xeito, e un bó amigo buscando algunhas na zona de Cedeira ou Valdoviño, dí que por 5-6 kilos hai casas xeitosas. Por certo, que mentres miraba a película comecei a ter sede por obra e gracia da cea nun mexicano... decidín ir mercar unha botella de auga e equivoqueime de porta... aparecín no parkin do centro de ocio (por certo, donde se graba parte de Paco y Veva)... con paciencia din a volta o centro comercial, entrei, subin un andar e fun ata o outro extremo onde estaban os tipos gardando a entrada do cine. Puxen cara de parvo despistado e expliqueille a situación a un rapáz de non máis de 19 anos, con pinta de ter no peto as chaves dun Saxo tuneado... e para miña sorpresa entonou cual Guardia Civil con 25 anos de profesión o:'circule, circule'. En fin...

Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.
